Formas





Cada forma ten que ver con distintas actividades: así os barreñóns estaban relacionados coa matanza, as barreñas coa salgadura, as xerras co viño, e os cántaros (de 1 arroba) coa auga ou co viño. Nos pucheiros facíanse bos guisos e nas cuncas tomábase o almorzo ou o leite… Moitas destas actividades eran realizadas polas mulleres.

Tamén había outras formas como petos e candeeiros. Algúns podemos atopar en distintas coleccións prestixiosas, como a do Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), Museo de Pontevedra, ou colección da familia Porto en “El Hogar” en Vilagacía.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario