
LOUCEIROS DE BAMIO E A
NOSA HISTORIA ORAL
“Louceiros de Bamio do
fondo da vila, marchades pra feira, tocando a buguina”
A
parroquia de San Xinés de Bamio, está situada na marxe sur do estuario do Ulla,
na ría de Arousa. Trátase dunha paisaxe litoral fortemente
modificada nos derradeiros anos pola acción humana, no que convive un
aproveitamento rural tradicional e tamén de ámbito urbano.
A
importante tradición oleira ou louceira de Bamio, coñecida a través de
documentos históricos, arqueolóxicos e diversas testemuñas, está totalmente
perdida na actualidade. A finais dos anos 40, os derradeiros louceiros de Bamio
abandonaron o traballo do barro e a súa memoria perdeuse, a diferencia doutras
tradicións conservadas ou recuperadas en Galicia (como as de Buño ou
Gundivós...), aínda que coñecemos pezas orixinais saídas dos seus fornos, e
conservadas en importantes coleccións e museos, como o Museo do Pobo Galego, ou
o Museo de Pontevedra. Tamén podemos atopar polas leiras e xardíns de Bamio,
restos de louza, rodas de oleiro, píos e outros elementos.
Dende
hai uns meses a Asociación Mulleres Rurais xunto a Beatriz Comendador,
investigadora e profesora da Universidade de Vigo, levamos traballando no
proxecto Louceiros de Bamio. A intención é a recuperación de memoria oral
compartida da parroquia de Bamio, para conservar e revitalizar aspectos que,
xuntamente coa memoria dos louceiros, teñen conformado a nosa cultura.
Creemos
que un proxecto así podería ser beneficioso para a veciñanza e precisamos da
vosa colaboración, o que podedes facer de diferentes xeitos:
• Falando cos mais vellos, que quizais
lembren cousas como o nome dos lugares e outras historias.
•
Buscando fotografías antigas
•
Buscando se queda louza polas casas e os
xardíns, ou outros elementos como rodas ou pías
•
Recollendo e aportando lembranzas e
saberes da zona
•
Participando nos distintos eventos e
reunións que terán lugar
•
etc
Ti
decides:
•
Que coñecemos?
•
Que conservamos?
•
Que
protexemos?
Máis
información do Proxecto Louceiros de Bamio
No hay comentarios:
Publicar un comentario